comunicación organizacional en Galicia (B. Garcia Orosa)
Berta García Orosa analiza la evolución de la dirección de comunicación en los tres sectores en al último quinquenio en Galicia
Dentro dos sectores novos é salientable o caso da xustiza, xa sinalado como excepcional por carecer de gabinete de comunicación no informe do 2004, cando era o único poder público sen unha regulación da súa relación cos medios de comunicación. Agora conta, xa desde hai catro anos, con persoal responsable da comunicación no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, encargado fundamentalmente de protocolo e relación cos medios de comunicación. Dentro da Administración pública destacamos tamén o caso das vilas e pequenas cidades, que comezan a sentir no último quinquenio a necesidade de institucionalizar a súa comunicación. Para iso, ao dispoñer en xeral de orzamentos reducidos, optan por buscar novas fórmulas para ter acceso á opinión pública a través de distintos recursos. Ademais de recorrer a asesorías de comunicación externas e do inicio do emprego de internet como ferramenta útil para as entidades con menos recursos, constitúen «mancomunidades» da comunicación median- te as cales contratan persoal especializado en comunicación organizacional responsable de tres ou catro municipios asociados. No caso das empresas, os sectores emerxentes sitúanse naqueles en que, por diversas razóns, acrecentan a súa competencia internacional (sector vinícola, sector téxtil, sector do granito) e apostan pola comunicación organizacional como un valor engadido imprescindible para sobrevivir nun mercado global. No terceiro sector, destaca a evolución das cámaras de comercio e dos colexios profesionais, aínda que, neste último caso, se está institucionalizando a través de asesorías externas.
Berta García Orosa (2010)"A comunicación organizacional en Galicia. 2004-2009", pags 157-170 en A comunicación en Galicia 2010 / coordinadores Xosé López García, Rosa Aneiros Díaz. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2010
Consello da Cultura Galega.org » Mediateca » Informe da Comunicación 2010 (descargar pdf)


Los comentarios están cerrados